publicidade hoxe

O 25 de maio Madrid celebra unha Romería Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O sábado 25 de maio, a Federación de Centros Gallegos en Madrid (FAGAMA) organiza unha romaría popular galega  na capital española. O evento terá lugar na Plaza de la Familia, en Tres Cantos.Os actos darán comezo en torno ás 13.00 h. cos oficios relixiosos. Dita misa será oficiada polo Capelán dos galegos de Madrid, Andrés Ramos, e terá lugar na gran carpa instalada na citada praza.De seguido continuará un ágape con autoservicio a base de menú galego, a prezos populares. Para amenizar a xornada, varios grupos folclóricos ofrecerán concertos e realizarase unha gran queimada e baile popular.

23 de maio de 2013 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.