publicidade hoxe

Novos Valores de Artes Plásticas 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvinciasXuventude
A-
A+

A Deputación de Pontevedra convoca o certame Novos Valores de Artes Plásticas 2013.

Requisitos:
Poderán participar nestes premios, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) residentes en Galicia.
As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por artista. O seu peso non será superior a 50 Kg e a súa máxima dimensión non superará os 1,50 m. No apartado de audiovisuais, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD, non podendo exceder a duración da proxección de cinco minutos.
Os debuxos, cadros e fotografías irán sobre soporte ríxido e sen cristal.

prazo de recollida será desde o 28 de agosto ata o 5 de setembro de 2013.

As obras presentadas aos presentes premios serán obxecto dunha primeira selección, coa que se conformará a exposición, que estará aberta ó público no sexto edificio do museo de Pontevedra durante un mes.
Todas as obras seleccionadas serán exhibidas na páxina web do Museo Provincial de Pontevedra www.museo.depo.es como complemento da exposición.

Premios:
1º premio: 4.000 €.
2º premio: 3.000 €.
3º premio: 2.000 €.

Máis información no BOP de Pontevedra do 2 de maio de 2013 e en www.museo.depo.es

2 de maio de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.