publicidade hoxe

A Policía Local normativiza un novo servizo á cidadanía adicado a mediar en conflitos veciñais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, presentou esta mañá xunto co Intendente Principal da Policía, Daniel Macenlle, un novo equipo policial que será adicado a mediación en conflitos particulares.

Este servizo que, segundo Macenlle, é unha obriga e deber dos axentes de policía segundo as súa lexislación profesional, persegue velar polo benestar cidadá resolvendo conflitos surxidos da convivencia e que non implican delito algún: malentendidos entre veciños, malestar surxido polo alto volume da música nunha vivenda, enemistades entre familias…

O novo grupo adicado a estas tarefas é conformado por sete policías con especiais características conciliadoras que, ademáis, recibiron formación específica na resolución de conflitos mediante o diálogo e a realizan o seu traballo través dunha evidente obxectividade e respecto pola privacidade.

O servizo, voluntario e alleo a todo proceso xudicial, debe ser solicitado por unha das partes afectadas mediante un impreso nas instalacións da Policía Local pontevedresa. Tras unha análise do caso, os axentes dialogan coa outra parte implicada tentando que participe no proceso conciliador. De aceptar, a Policía Local e os que adoecen dun problema de convivencia buscarían solucións alternativas, alonxadas da indesexada violencia ou de longos e custosos procesos xudiciais.

Tal e como afirma o concelleira Carme da Silva, o papel do axente é de mediador imparcial, polo que nas resolucións acadadas “non hai gañadores nin perdedores”. Asimesmo, as partes obxecto da mediación, posúen liberdade para rexeitar a axuda en calquera momento do proceso.

30 de maio de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.