Novo curso para a preparación do exame de competencias clave
A área de Industria e Traballo do concello do Carballiño, que dirixe a edil Teresa Cerdeira, informa da convocatoria dun novo curso para a preparación do exame de competencias clave, que se celebrará o próximo 22 de xuño.
Os interesados en asistir a este curso de preparación deberán pasar polas dependencias municipais de Traballo, situadas nas segunda planta da Casa Consistorial. O curso comezará o 21 de maio e prolongarase ata o 21 de xuño. Estableceranse dous grupos, de mañá e de tarde, en horarios de 9:00 a 12:00 e de 19:00 a 22:00 horas, de luns a venres, impartíndose as clases no salón de plenos.
Existen veciños que xa se inscribiron neste curso, e agora deberán pasar polo concello para escoller a quenda á que queren asistir.
As competencias clave son, nestes momentos, unha ferramenta imprescindible para buscar un futuro laboral, e abrir moitas portas nese campo, por iso dende Industria e Traballo ínstase a todos os veciños interesado en obter ese título, a inscribirse neste novo curso.











