Nova xornada da escola de familias en Xove
Onte, 9 de maio, continuou nun aula da OMIX de Xove a IIª EDICIÓN DA ESCOLA DE FAMILIA, evento que novamente está organizado pola OMIX de Xove. Concretamente realizouse a 5ª actividade desta escola coa charla “CONVIVENCIA” a cargo do técnico Xosé Mosteiro, do Centro “QUEROTE +” da Xunta de Galicia. Na mesma estudiouse e analizouse a problemática das relacións entre pais e fillos.
Para rematar coas actividades desta Escola quedan duas xornadas:
-O 14 de maio sobre “Uso responsable das novas tecnologías”.
-E o 30 de maio sobre “Drogas”.











