publicidade hoxe

Nova convocatoria do banco de libros de texto en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontecesures
A-
A+

09052013-11Por segundo ano consecutivo, o Concello de Pontecesures  pon en marcha o Banco de Libros, unha iniciativa que promove o préstamo de manuais escolares, unha vez liquidado o sistema de gratuidade universal.

O obxectivo do Banco de Libros é fomentar a solidariedade en beneficio das familias con menos recursos económicos, e animar aos rapaces e rapazas no respecto ao medio ambiente mediante a reutilización dos manuais, ensinándolles a que respecten e coiden os seus libros de texto, e a que os cedan a outros cando xa non os precisen.

Deste xeito promóvese que os libros pasen dunha familia a outra, evitando a compra anual, e procurando o uso racional dos recursos didácticos. Os libros poden ser depositados na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e no propio centro escolar.

Na primeira edición foron 120 os libros recolllidos con esta iniciativa, apoiada pola ANPA e a dirección do CPI Pontecesures.

9 de maio de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.