“Nos tempos das letras 2013” en Malpica de Bergantiños
A Concellería de Educación e Cultura ven de aprobar os actos do programa Nos tempos das letras 2013 que nesta anualidade incluirán actividades de animación á lectura, exposicións, representacións teatrais e actos literarios que se desenvolverán nos meses de maio e xuño.
Nesta ocasión é destacar a recuperación das actividades de dinamización da Biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica que se vertebrarán a través da actividade “Venres na biblioteca” (O Aviador da compañía Elefante Elegante, Contacontos da compañía Sarabela e Contos para bebés da compañía Pavís Pavós) que contempla actividades para todo tipo de públicos, mesmo para bebés. Sen menoscabo do programa de exposicións (O meu mar de Viki Rivadulla, Gundar e o cabalo de oito patas da Fundación Eduardo Pondal, ou Roberto Vidal Bolaño da Secretaría Xeral de Política Linguística), as representacións do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica ou, en colaboración coa A.C. Caldeirón, a presentación do VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
Neste ano 2013 a programación Nos tempos das letras organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños conta coa colaboración de: O programa “Ler conta moito” da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Caldeirón.
Os distintos actos contarán coa presencia do Alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga e/ou diferentes membros do equipo de goberno.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
Exposicións
Sábado 4 de maio
Exposición “O meu mar” Pintura e Escultura de Viki Ribadulla. Do día 4 ó 30 de maio. No Espazo Expositivo do Centro Cívico. Inauguración o sábado día 4 ás 20.00 h. cun Recital Poético.
Mércores 15 de maio
Exposición Roberto Vidal Bolaño. Do 15 ao 31 de Maio. Na Biblioteca Eduardo Blanco Amor no 2º andar do Centro Cívico de Malpica.
Sábado 1 de xuño
Exposición “Gundar e o cabalo de oito patas”. Do día 1 ao 15 de xuño. No Espazo Expositivo do Centro Cívico. (Público preferente a partir de 5 anos, mocidade e adultos)
Venres na Biblioteca, na Biblioteca Eduardo Blanco Amor do Centro Cívico
Venres 10 de maio, ás 17.30 h.
Representación do Aviador da Compañía Elefante Elegante. Espectáculo de aventuras destinado ao público infantil, a partir dos 3 anos. (Público preferente 3-6 anos). Duración 40 minutos.
Venres 31 de maio, ás 17.30
Contos para bebés da Compañía Pavís Pavós. h. Espectáculo de cantos, contos e arrolos para bebés. (Público preferente: 0-3 anos). Duración 30 minutos.
Venres 21 de xuño, ás 17.30 h.
Contacontos da Compañía Sarabela Teatro. (Público preferente 4-10 anos). Duración 50 minutos.
Actividades teatrais
Xoves 16 de maio
O Grupo de Buño do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica. Representará a obra: “As nosas pequenas xa son maiores”. Ás 11.00 h. no CEIP Xaquín Rodríguez Otero de Buño.
Domingo 26 de maio
Maratón de teatro infantil fin de Curso: a cargo do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica. Representaranse as obras: “O segredo de Flora” (15 minutos), “O Papón” (15 minutos), “O sono de Nono” (25 minutos) a cargo dos grupos de Malpica e “As nosas pequenas xa son maiores” (20 minutos) a cargo do grupo de Buño. Ás 17.00 h. no Auditorio do Centro Cívico.
Actos literarios
Luns 13 de maio
Presentación do VIII Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”. Ás 11.00 h. no Centro Cívico de Malpica.











