“Nin rico, nin pobre senón todo o contrario” será representada no centro cívico de Caranza, en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A programación de maio do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena” da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, pecha este domingo día 26 coa actuación do Cadro Artístico Airiños do Centro Cultural Simón Varela que porá en escena a obra “Nin rico, nin pobre senón todo o contrario” no Centro Cívico de Caranza. A función dará comezo ás 19 horas e será gratuíta.

A obra relata a historia do rico Abelardo e a pobre Margarida separados por un grande abismo, pero non por moito tempo, polo menos isto é o que pensa o protagonista. Abelardo ten claro que fará todo o que sexa necesario por amor e así, decide desfacerse da súa fortuna para ser feliz. Sen embargo, non todo podía saír ben e os seus soños de felicidade van rematar dando comezo a unha farsa na que Miguel Mihura, o autor da obra, desprega todo o seu mellor facer.

24 de maio de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.