Nigrán recupera a Festa da Bicicleta para celebrar o Día das Letras Galegas

Presentación da Festa da Bicicleta
A Festa da Bicicleta celebra os seus vinte e cinco aniversarios coa recuperación da data habitual de celebración, o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Este tradicional evento chega ao Val Miñor por segundo ano consecutivo da man da Deputación de Pontevedra, a través da campaña “Úneche á volta”, en colaboración cos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar.
Nesta edición, Nigrán será o centro neurálxico do evento, que partirá ás 10.45 horas da chaira de Praia América. Desde alí, os participantes iniciarán un percorrido de ida e volta a Baiona, pasando pola Ramallosa, cunha duración estimada de 45 minutos por traxecto. Ao longo deste percorrido, veciños de Baiona e Gondomar iranse incorporando ao pelotón.
Gran festa con “Únete á volta”
Ao finalizar o percorrido, cara ás 12.15 horas, todos os participantes congregaranse na chaira de Praia América, onde se realizará o sorteo de premios, no que se repartirán tres bicicletas –unha por municipio-, un lote de roupa deportiva, mochilas, maletas, camisetas, entradas para acompañar nun corche o percorrido da Volta Ciclista, lotes de camisetas e gorras, así como camisolas e bidóns de auga.
“Úneche á Volta” pretende ser moito máis que un simple evento lúdico-deportivo, e así os transmitiu o rexedor municipal, Alberto Valverde. “A Festa da Bicicleta é unha actividade de lecer saudable, ideal para realizar en compañía de familia e amigos, co aliciente do sorteo de magníficos agasallos”, subliñou.
Os interesados en participar deberán presentarse o venres 17 de maio na chaira de Praia América a partir das 9.30 horas, co seu correspondente casco e bicicleta. A festa está organizada e deseñada para todas aquelas persoas (maiores de 5 anos) que sexan capaces de chegar ao ritmo do pelotón desde Praia América a Baiona, e volver. Para aqueles niñ@s menores de 5 anos, paralelo á duración do percorrido, organizarase unha gymkhana especialmente deseñada para eles.
Máis información na oficina de turismo Dunas de Gaifar, no teléfono 986 36 87 34, no departamento de deportes (986 36 50 00) ou no correo electrónico deportes@nigran.org.
O obxectivo deste programa de actividade lúdico-deportivas, que percorrerá todos os concellos da provincia, é aproveitar a imaxe de marca da Volta Ciclista a España para promover a práctica do ciclismo, e para que nenos e nenos afecciónense a un deporte con moita tradición na provincia, como demostra o feito de que existan máis de 50 clubs ciclistas repartidos por todos os municipios de Pontevedra.
“Únete á Volta” pretende mobilizar no Val Miñor a milleiros de persoas, ao igual que sucedeu en Cambados, onde se celebrou o primeiro dos actos do programa, coa participación de máis de 2.300 persoas.











