Negreira avoga por unha estratexia aeroportuaria común na que Alvedro siga desempeñando un papel clave

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, avogou pola colaboración entre os tres aeroportos, tras a reunión previa ao Comité de Rutas que se celebrou esta tarde: “Non” poden ser “fonte de conflito, senón de oportunidade”. “Ter un acordo entre as tres infraestruturas -continuou- é ter un acordo con oportunidades de futuro”. Neste sentido, agradeceu ao Ministerio de Fomento “a delicadeza por celebrar este encontro e a valentía por abordar unha estratexia común”.

Carlos Negreira destacou a importancia de Alvedro no sistema aeroportuario galego e subliñou que “é panca de oportunidades económicas e turísticas”. Neste sentido, recordou que o 40% da actividade económica de Galicia se concentra na Coruña e a súa área de influencia e que a cidade é a segunda urbe galega en materia turística. Carlos Negreira apostou porque Alvedro siga desempeñando un papel fundamental na economía e no sector turístico de Galicia, dende unha estratexia común entre os tres aeroportos: “A Coruña está disposta a colaborar nunha estratexia común para os galegos e para a industria e sector turístico da Coruña”. Neste sentido, destacou que a política da Coruña en materia aeroportuaria é “un acordo a favor de Galicia”.

O Alcalde sinalou que, fronte a unha actitude victimista e de busca de culpables, hai que adoptar unha postura que intente impulsar as infraestruturas clave: “Somos poucos cidadáns en Galicia para ter conflitos”.

20 de maio de 2013 | 22:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.