publicidade hoxe

Neda celebra o Día das Letras Galegas coa representación teatral “Mackie o Navallas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+

10052013-12O Concello de Neda conmemorará o Día das Letras Galegas con teatro. Así, a Casa da Cultura da localidade acollerá a representación da obra teatral “Mackie o Navallas”, unha adaptación de “A opera de A Patacón” firmada por Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nesta edición. A función dará comezo ás 20,30 horas, con prezo das entradas a dous euros. A actividade, pensada para un público maior de doce anos, conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.

A cargo da compañía Bartoleta Teatro, “Mackie O Navallas” é unha traxicomedia que fala da corrupción e poder, de criminalidade e política. O “héroe”, Mackie, é un asasino e ladrón de pouca monta que se eleva ata as máximas alturas da orde e da moral, e convírtese no honorable cabaleiro Sr. Beckett. Casa coa filla dos Rei dos Mendigos, Peachum, que controla un poderío económico. Urde a súa trama de control e mando sobre as instancias policiais e xurídicas, e acaba por detentar a posición de home poderoso e heroe da patria que gobernará o mundo, grazas á morte de persoas inocentes que cargan cos seus crimes.

10 de maio de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.