publicidade hoxe

Nace en Cerdedo a Asociación Cultural Galega en Prevención e Emerxencias, ASGAPREM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Cerdedo rexistra unha nova asociación sen ánimo de lucro que se dedicará principalmente á formación dos cidadáns en materia de emerxencias, primeiros auxilios, etc…

Esta asociación denomínase Asociación Cultural Galega en Prevención e Emerxencias (ASGAPREM) (Twitter:@asgaprem) e o seu presidente é o veciño de Cerdedo José Sieiro. Esta asociación rexistrouse correctamente na Xunta de Galicia e nace dun dos fundamentos da Lei 2/85 do 21 de xaneiro sobre Protección Civil e buscarán a autoprotección e prevención cidadá ante emerxencias. O equipo directivo é de carácter multidisciplinar e a asociación terá os seguintes fins: formar á cidadanía en materia de primeiros auxilios, de soporte vital tanto básico coma avanzado, reanimación, urxencias, asesoramento en plans de autoprotección, educar en seguridade vial, fomento de economía sanitaria, etc…

Para todo isto realizarán diversos cursos no municipio e estarán abertos a recibir diversas propostas de formación e colaboración co goberno municipal.

Ademais apoian e participan na iniciativa de Educación Escolar en Emerxencias #EmergKids que pretende a inclusión destes contidos no sistema educativo.

10 de maio de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.