Mostra de pintura de Eladio Rodríguez Pombo na Casa da Cultura de Monforte

Pintura de Eladio R. Pombo
A mostra inclúe 24 lenzos do artista do Incio Eladio Rodríguez Pombo. A presentación das súas obras levarase a cabo entre o 31 de maio e o 14 de xuño na sala de exposicións da Casa da Cultura do concello de Monforte.
A apertura da exposición realizarase o venres 31 de maio arredor das 18:00 h. e coa presenza do pintor.
Eladio Rodríguez Pombo, pintor realista que realiza as súas obras ó óleo, foi alumno da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense.











