publicidade hoxe

Mos suma unha iniciativa máis á súa loita contra o desemprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinou en representación do Concello un convenio de colaboración coa empresa de bricolaxe e decoración situada en Amieirolongo-Sanguiñeda, AKÍ, e con AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos). Trátase dun acordo de colaboración en materia de emprego que suma unha medida máis entre a batería de accións deseñadas dende a concellería de Formación e Emprego, -en colaboración moitas delas coa Asociación de Empresarios-, que dirixe o edil Óscar Soto para tratar de combater a lacra do paro.

Conxuntamente coa rexedora local subscribiron o convenio Ibán Rama, director da tenda AKÍ Bricolaxe en Mos, e José Mañas, presidente de AEMOS. Por medio do mesmo a empresa AKÍ colaborará na execución dos itinerarios de inserción laboral propostos ó amparo deste marco de colaboración, dacordo co seu ámbito laboral de referencia, asumindo como propios os obxectivos das actuacións propostas e favorecendo o desenvolveneto profesional dos participantes nas accións nas que a empresa colabore. Pola súa banda AEMOS e Concello de Mos comprométense a facilitar a asistencia técnica e os recursos necesarios que o desenrolo óptimo de ditas accións lles esixa.

Sobre este acordo o concelleiro Óscar Soto informou de que terá unha duración dun ano natural prorrogable por períodos anuais.

A finalidade deste acordo marco de colaboración, segundo declarou Arévalo, é a de “promover a adquisición de experiencias, capacidades e habilidades específicas que permitan incrementar as posibilidades de inserción laboral dos veciños e veciñas en situación de desemprego do municipio de Mos”.

O obxecto deste convenio de colaboración enmárcase no compromiso social e empresarial do tecido productivo local no desenvolvemento das políticas activas de emprego levadas a cabo entre AEMOS e o Concello de Mos para ofrecer ás persoas desempregadas do Concello, participantes nos Plans de Emprego de ámbito municipal, accións en contornos reais de traballo –tal é o caso da empresa AKI en Sanguiñeda-, co fin de mellorar a súa competitividade e fomentar a inserción laboral dos mosenses en paro no propio tecido empresarial de Mos.

As políticas activas de emprego desenvolvidas no Concello de Mos buscan o compromiso e a implicación do empresariado local nas mencionadas políticas que se levan a cabo no termo municipal mosense.

AKÍ Mos

Coa apertura da tenda de Amieirolongo, na parroquia mosense de Sanguiñeda, o 29 de novembro do ano pasado, a empresa AKÍ creou 44 novos postos de traballo, a maioría ocupados por veciños e veciñas de Mos; e agora continúa coa súa participación nas políticas activas de emprego do municipio coa adhesión ó convenio asinado hoxe na sede da Asociación de Empresarios no CDL (Centro de Denvolvemento Local de Mos).

Tras o estudo dos 7.994 currículos recibidos durante o proceso de selección previo á apertura da tenda de Amieirolongo, AKÍ proporcionoulles emprego, entre postos directos e indirectos, ós 44 traballadores mencionados, dos cales 29 compoñen o equipo fixo da tenda. Deles, o 86% asinou un contrato indefinido.

Cun investimento que alcanzou os 4.200.000 euros, o establecemento de AKÍ en Mos conta cunha superficie de vendas de 2.940 m², así como con 128 prazas de estacionamento gratuítas para lles facilitar o acceso aos clientes.

O establecemento de Mos, número 36 da compañía, primeiro na provincia de Pontevedra e cuarto na comunidade galega, conta entre o seu equipo de profesionais cun traballador con minusvalía, por cuia integración no mundo laboral aposta a empresa.

As instalacións —coma as do resto dos establecementos da compañía— están adaptadas para facilitar o acceso e a compra dos clientes con discapacidade.

Os 15.000 artigos que ofrece AKÍ Mos repártense en 13 departamentos, coñecidos como “Mundos AKÍ”. Estas áreas contan cun estudado deseño que ofrece maior sensación de espazo e amplitude para adquirir os produtos coa máxima rapidez e comodidade.

Ademais, o centro conta coa opción de venda especial por catálogo dixital. Asesorado por un profesional do establecemento por medio dun dispositivo instalado na sala comercial, o cliente poderá escoller entre unha ampla variedade de produtos, visualizando imaxes do artigo, a súa descrición, opcións cromáticas e prezos. Outros servizos, tales como a instalación a domicilio de diversos produtos adquiridos no centro —aires acondicionados, baños e grellas asadoiras— ou a copia de chaves e mandos, entre outros, completan a oferta de AKÍ Mos.

8 de maio de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.