publicidade hoxe

Mos anuncia actividades de lecer durante o mes de maio para a mocidade e para os avós e os seus netos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, deu hoxe conta en Comisión Informativa da programación de Noites Vivas para o presente mes de maio e dunha actividade a realizar conxuntamente entre avós e netos que se celebrará o sábado 11 de maio. Esta última xurde da necesidade de integrar a distintas xeracións (avós e netos) no mesmo momento lúdico, cuns mesmos xogos, os tradicionais, os de toda a vida, que para os avós será un recordo e unha maneira de ensinar os cativos como se divertían naqueles anos.

Sobre esta iniciativa Monzón declarou que “consideramos que esta actividade será unha alternativa de ocio entre avós e netos moi enriquecedora para ambas xeracións na que a través dos xogos participativos trataremos de conseguir un ambiente reinante familiar e conciliador entre as dúas xeracións. Nesta actividade aproveitaremos tamén para promocionar a nosa Biblioteca Municipal, para elo trasladaremos unha selección dos mellores libros infantís e de bolsillo para que os interesados poidan ollar, ou tomar en préstamo sempre e cando sexan socios. Desta maneira ademais de ofrecer unha actividade de fomento a lectura, publicitaremos o servizo que da a Biblioteca Municipal”.

Poderán participar nesta actividade que terá lugar no Parque de Sanguiñeda en horario de 11.00 horas a 13.00 horas os nenos e nenas a partir de 4 anos e os seus avós, calquera que sexa a súa idade, empadroados no Concello de Mos.

Por outra banda o venres 24 de maio terá lugar no Multiusos un novo encontro para a mocidade enmarcado no programa Noites Vivas. A Concellaría de Participación Cidadá quere da  continuidade ó proxecto de ocio nocturno que naceu como experiencia piloto no ano 2009, unha nova proposta de lecer alternativo e saudable para a mocidade do municipio mosense.

Despois da exitosa edición do mes de abril, coa Xornada Astronómica, na cal se puido constatar que a vecindade está moi interesada en outras alternativas ao ocio típico, é importante seguir innovando e proporcionardo alternativas atractivas aos xoves do Concello de Mos para acadar unha maior participación destes.

A próxima actividade de Noites Vivas consistirá nunha tarde de compaña entre mozos e mozas na que xogarán un torneo de Pro Fifa 13 no que primará a participación limpa, amigable e deportiva no contexto tecnolóxico.

Os beneficiarios directos deste programa son os mozos e mozas entre 14 e 35 anos do Municipio de Mos. Indirectamente tamén esta dirixido a todos os xoves entre estas idades doutros municipios e que estean interesados nesta programación, así como o entorno familiar dos mozos e mozas e toda a comunidade do municipio. O horario desta actividade será ás 17.00 horas reparto de acreditacións e de 17.30 horas a 00.00 horas desenvolvemento do torneo. O prazo para inscribirse será dende o 6 ao 22 de maio. A inscrición farase no rexistro do Concello, na OMIX ou por correo electrónico á dirección da OMIX (omix@concellomos.es) descargando a solicitude na páxina web do Voncello. No momento de presentar a solicitude se lle entregará a cada participante o regulamento. A lista de admitidos se publicará o 23 de maio na páxina web do Concello, no taboleiro do Concello e da OMIX e no facebook da OMIX. Haberá un premio para o primeiro gañador, valorado en 100 euros, e outro para o segundo, por importe de 50 euros.

3 de maio de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.