publicidade hoxe

Modificacións no tráfico por mor do Trofeo Ciclista Concello de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de Compostela
A-
A+

Trofeo Ciclista Concello de Santiago de escolas e cadetes

Con motivo da celebración do Trofeo Ciclista Concello de Santiago de escolas e cadetes na Alameda a partir das 10.00 h e co seguinte percorrido: avenida de Figueroa, Pombal, campiño da Ferradura, avenida de Compostela, avenida da Coruña, Rosalía de Castro, Xoán Carlos I, Campo da Estrela e avenida de Figueroa, é necesario facer os seguintes desvíos:

– Os vehículos que baixen pola Senra terán que continuar obrigatoriamente cara ao Pombal.  

– Os que suban por Galeras sairán obrigatoriamente cara a San Lourenzo-Vidán.

– O tráfico de subida pola avenida das Burgas xirará obrigatoriamente á dereita en dirección Rosalía de Castro, que quedará dividada: o carril máis próximo á alameda para os corredores e o outro para a circulación de vehículos.

– O tráfico de subida por Rosalía de Castro ao chegar ao cruce con Montero Ríos será desviado á dereita por esta rúa, para o que se invirte o sentido no tramo Montero Ríos-Rapa da Folla.

Volta Ciclista á Ascensión

Os participantes concentraranse entre as 14.00 h e as 15.00 h na avenida Xoán Carlos I e a saída neutralizada terá lugar ás 16.00 horas. O percorrido será o seguinte: Rosalía de Castro, Choupana, Volta do Castro, Ponte da Rocha e Milladoiro. Regresarán sobre as 18.00 h pola estrada de Noia, Vidán, Mestre Mateo, Camiño Novo, Rosalía de Castro e Xoán Carlos I, onde estará situada a meta.

Por este motivo, a avenida Xoán Carlos I estará cortada ao tráfico entre as 13.30 h e as 19.30 h do propio sábado 11 e non se poderá estacionar nin na devandita avenida nin na rúa Carreira do Conde durante todo o día. Habilitarase como vial alternativo a rúa Montero Ríos, en dirección praza de Galicia desde Rosalía de Castro, e o Pombal en dirección saída da cidade. No resto das rúas polas que transcorre a carreira produciranse cortes puntuais.

Todos os cortes e os desvíos estarán debidamente sinalizados e atendidos pola Policía Local. O Concello prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan causar.

10 de maio de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.