publicidade hoxe

Modificacións no tráfico nas rúas Corcubión e Fuente Álamo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que, con motivo do inicio das obras de construción do aparcadoiro público subterráneo na praza das Conchiñas, dende mañá, mércores 8 de maio, e cunha duración aproximada de dúas semanas, se producirán modificacións no tráfico nas rúas Corcubión e Fuente Álamo.

Nunha primeira fase de dúas dias de duración, ocuparase, cunha lonxitude de 10 metros, a marxe esquerda da calzada no cruzamento da rúa Fuente Álamo coa rúa Corcubión, desviándose a circulación pola marxe dereita. Nunha segunda fase de dez días de duración, ocuparase unha lonxitude de 60 metros entre os números 13 e 21 da rúa Corcubión.

7 de maio de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.