publicidade hoxe

Milleiros de persoas noutra exitosa Feira Cabalar das Festas da Ascensión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
A Feira acolleu diversos concursos cabalares

A Feira acolleu diversos concursos cabalares

Un ano máis, as Festas da Ascensión abriron o seu día grande coa celebración da Feira Cabalar. Milleiros de persoas presenciaron no recinto feiral de Amio os distintos concursos morfolóxicos e de doma. Tras co concurso cabalar, as principais citas desta xornada céntranse na música. Así, no Teatro Principal, a partir das 21:00 horas, o músico Willie Nite, teloneado por Graham Summer, ofrecerá un concerto para presentar o seu novo traballo, duodécimo na súa careira, titulado American Ride.

Media hora máis tarde, na praza do Obradoiro, terá lugar a Gala Musical Ascensión, que achegará aos composteláns a artistas como Pignoise, Andy&Lucas, David Civera, David de María e Astarot. Para aqueles que lles guste o humor, durante a gala tamén haberá actuacións de Roi e Boris e Juan Muñoz. Seguindo coa música, a orquestra Filadelfia amenizará a noite na Alameda a partir das 22:00 horas.

Pola tarde, os que se acheguen a praza do Toural poderán gozar, dentro do programa Cultura Urbana, de diferentes obradoiros e exhibicións de graffiti, beatbox ou breakdance, entre outras disciplinas.

Venres 10

De cara o venres, os máis pequenos teñen unha cita cos Monicreques de Kukas e o seu espectáculo Xan Perillán ca maleta máxica. Será ás 17:30 e 19:00 horas na Zona C de Bonaval.

O prato forte do venres é a Noite Meiga en Compostela, que se celebrará na praza da Quintana a partir das 22:00 horas. Actuarán Rosa Cedrón, Roi Casal e Mayalde.

Durante o día, oportunidade tamén para gozar de diversas actividades: campionato de chave na Alameda ás 20:00 horas e Gala Lírica dos Conservatorios Galegos no Teatro Principal ás 20:30 horas.

9 de maio de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.