Milleiros de mozos e mozas viven a noite máis grande de Ordes na súa I Festa da Xuventude Movida Ordes

Asistentes á verbena
Milleiros de mozos e mozas disfrutaron e divertíronse ao grande na I Festa de Xuventude Movida de Ordes, celebrada na madrugada do sábado no Campo da Feira. Para tal ocasión os organizadores contaron cun cartel de luxo encabezado pola orquesta Olympus, quenes abriron o gran espectáculo pasadas as 21 horas. A continuación chegoulle o turno á artista local Tania Veiras, que acadaou unha gran espectación e o apoio incondicional dun público ao que lle agradeceu o seu apoio no concurso televisivo do programa Luar, que lle está a brindar unha gran popularidade en todo o territorio galego. Un cartel de luxo que completaron artistas da talla de Henry Mendez e os deejais de Radio Líder Marcos Magán, David Espósito, Manu López e DJ Charlie.
As tres grandes carpas instaladas expresamente para a ocasión foron imprescindibles para que os asistentes non viran augada a diversión e a festa, xa que a choiva foi constante ao longo da noite. Xa ben entrada a madrugada correuse o telón do escenario de enormes diversións polo que pasearan este gran elenco de artistas e cantantes. Foi entón cando os bares, pubs e discotecas da contorna colleron o relevo da celebración, presentaron un cheo absuluto grazas á xente todavía ávida de diversión.
A I Festa da Xuventude foi organizada pola asociación Movida Ordes e contou coa colaboración de Coca Cola, Zambra Agency, Roster Music e Galicia Espectáculo.