publicidade hoxe

Miguel Lorenzo anima os coruñeses a sumarse aos actos para visibilizar e normalizar o colectivo LGTB

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, presentou esta mañá a programación de actividades que o Concello deseñou con motivo do Día Internacional contra a homofobia e a transfobia que se conmemora o 17 de maio e que na Coruña se celebrará cunha serie de actos entre o 22 e o 25 de maio: “O obxectivo é sensibilizar a poboación a favor da diversidade, a igualdade, a dignidade e a convivencia normalizada das persoas, con independencia da súa orientación sexual”, subliñou o concelleiro.

Tal e como explicou Lorenzo, a programación incluirá estreas de películas e curtametraxes, coloquios e mesmo un cuentacuentos:

– Mércores 22 de maio. 18.00 horas. O centro cívico Dos rosales ofrece unha sesión de cuentacuentos dirixida a un público infantil e familiar, “para evitar futuros comportamentos homófobos”, destacou.

– Mércores 22 de maio e xoves 23 de maio. 20.00 horas. O salón de actos de La Normal acolle a estrea en Galicia da película Tomboy. A entrada é libre ata completar aforamento.
– Venres, 24 de maio. 21.30 horas. No local da Asociación Alexandre Bóveda organízase unha sesión con proxección de curtametraxes de temática LGTB, seguida dun coloquio. A entrada é libre ata completar aforamento.

– Sábado 25 de maio. 19.00 horas. O centro cívico municipal de Labañou acolle a estrea en Galicia da película Weekend. A entrada é libre ata completar aforamento.

Ademais, o Concello colabora coa campaña de Quérote + da Xunta, que mañá, 15 de maio, instalará mesas na Universidade e algún centro educativo de ensino media. Haberá folletos informativos e repartiranse gomas de mascar de diferentes sabores, como icona da diversidade en materia afectivo-sexual.

Miguel Lorenzo informou de que as accións se levarán a diferentes puntos da cidade coa intención de chegar ao maior número de público posible e recordou que non se trata de actividades puntuais xa que dende Servizos Sociais se traballa durante todo o ano para informar, visibilizar e normalizar o colectivo LGTB. Neste sentido, explicou que o centro cívico de Monte Alto conta co servizo de mediación e información LGTB, cuxa función é informar, asesorar e apoiar, derivar servizos especializados e outros recursos cando sexa necesario; e asesorar a grupos, veciños e centros escolares.

Ademais, ao longo do ano realízanse actividades de prevención, sensibilización e difusión. Ao respecto informou de que dende marzo e ata xuño, alumnos de 3º e 4º da ESO de Institutos de Educación Secundaria da cidade está a realizar n talleres centrados na sensibilización, co fin de evitar a discriminación, a creación de estereotipos e prexuízos e previr comportamentos homófobos.

Miguel Lorenzo animou os coruñeses e coruñesas a participar nestas iniciativas: “Somos conscientes de que se avanzou moito nos últimos anos pero temos que seguir traballando con políticas activas para conseguir a plena normalización por parte da sociedade”, concluíu.

14 de maio de 2013 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.