publicidade hoxe

Medio millar de nenos na Xuntanza Provincial de Patinaxe Artístico de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNigrán
A-
A+

O Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá o vindeiro domingo pola tarde a Xuntanza Provincial de Patinaxe, que congregará a 500  nenos e nenas de entre 5 e 18 anos, procedentes das escolas municipais de patinaxe de Bueu, Cangas, Moaña, Gondomar e Nigrán.

Ademais das actuacións das escolas destes cinco municipios, coa que se celebra o fin de curso das mesmas, os clubs Ánfora de Cangas e o Carpa de Vigo realizarán una exhibición de patinaxe artístico en estilo libre. Ao finalizar o evento, en torno ás 20.00 horas, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, entregarán uns diplomas de participación aos patinadores. 

17 de maio de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.