publicidade hoxe

Medio centenar de pilotos compiten no XII Motocross Concello de Carballo, proba puntuable para o Campionato Galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoDeportesLocal
A-
A+
Presentación do XII Motocross Concello de Carballo

Presentación do XII Motocross Concello de Carballo

O Circuíto de Motor de Bértoa acolle o domingo 2 de xuño o XII Motocross Concello de Carballo, V Memorial Manuel Rega Morales e proba puntuable para o Campionato Galego de Motocross. Trátase dunha cita na que xa hai inscritos máis de 50 pilotos, unha cantidade nada pequena tendo en conta a situación de crise económica, que “fai cada vez máis complicado que os pilotos poidan seguir os campionatos”, en verbas de Juan Fernández Puga, de Moto Club Motor Bergantiños, responsable da organización dunha proba coa que colabora o Concello de Carballo. A carreira (aprazada ao domingo debido ás condicións meteorolóxicas adversas do día marcado en principio, o 17 de maio) conta coa presenza de pilotos como Rubén Fernández, Campión de España Promesas 2012; e en categorías superiores de nomes como os irmáns Abel e Moisés Bernárdez, varias veces campións de España de Motocross; Adrián Garrido, piloto de renome que corre na actualidade en competicións en Brasil; ou Román Pérez, varias veces Campión de España de SuperCross. Da Escudaría Motor Bergantiños participan Marco Pérez en MX85; e Miguel García, José María Auñon, Iván Moscoso e Jonathan Vázquez en MX Afeccionados. A organización quixo agradecer o patrocinio do CCB- Gadis e de Creativa Dixital, así como de todos os patrocinadores e do propio Concello, un apoio para unha proba que esperan que sexa espectacular.

29 de maio de 2013 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.