Medio Ambiente inicia a mellora do ámbito de San Pedro de Mezonzo

Zona dos traballos de mellora
O concelleiro de Medio, Enrique Salvador acompañado das concelleiras de Barrio Carmen Hervada e Susana Pazo, visitou esta mañá o ámbito de San Pedro de Mezonzo, con motivo do inicio dos traballos que se acometen na zona, dende hoxe, para a súa mellora e renovación.
Con esta actuación, o Goberno local pretende recuperar o espazo verde que bordea San Pedro de Mezonzo. Nesta primeira fase melloraranse dous xardíns renovando a vexetación existente, sementando céspede e dotándoos de rego automático para mellorar a estética e a percepción paisaxística do ámbito.
Os traballos executaranse durante un mes e neles investiranse 17.000 euros. Esta actuación responde a unha demanda veciñal, xa que o xardín se encontra en malo estado e deteriorado polo paso dos anos e pola falta de rego automático. Ademais os arbustos existentes están caducos e en mal estado.











