publicidade hoxe

Manoele de Felisa homenaxea aos poetas galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisLocalLocal Portada
A-
A+
Manoele de Felisa, no centro, acompañado polos seus amigos poetas

Manoele de Felisa con amigos poetas

Na tardiña do pasado mércores 1 de maio, no local d´A Tenda da Ponte  de Cuntis, tivo lugar un concerto homenaxe aos poetas galegos. O cantautor, natural da Vila do Baño, Manoele de Felisa, conseguiu engaiolar a todos os presentes coa profundidade e a dozura da súa voz.

Rodeado dos seus amigos poetas, Xosé Neira Vilas, Rosalía Morlán que salientou que Manoele era quen de facer parar o tempo; Asun Estévez, Xoán Xosé Fernández Abella ou Xosé Luna que recitou unha semblanza poética do cantautor ao que lle entregou una ramiña de limoeiro, sen dúbida a nota máis emotiva dun xenial concerto que resultou todo un éxito.

6 de maio de 2013 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.