publicidade hoxe

Mañá rematará o prazo de inscrición para o V Cross Ambiental e a II Andaina Concello de Ordes ‘Memorial Estebo José’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

Mañá mércores rematará o prazo para poder inscribirse no V Cross Ambiental e a II Andaina Concello de Ordes ‘Memorial Estebo José’. Para elo os interesados deberán rexistrar os seus datos na páxina web www.correrengalicia.com. Tamén dispoñen do teléfono 660694586 e do correo electrónico atletismoordes@hotmail.com para solicitar máis información. As probas terán lugar este próximo venres 17 de maio a partir das 16 horas, coincidindo coa celebración do Día das letras galegas.

Unha competición na que poderán participar xente de todas as idades, dende os que non teñen nin 1 ano cumprido ata os que sobrepasen os 65. As distancias a percorrer variarán según a categoría e irán dende os 100 ata os 10.000 metros. Os premios  para os tres primeiros clasificados de cada categoría serán variados e irán dende cantidades en metálico a trofeos, medallas e agasallos sorpresa. A todos os participantes tamén se lles entregará gratuitamente unha entrada para poder disfrutar dunha xornada no Museo do Traxe Juanjo Linares, ademais de froita e bebida coa que hidratarse unha vez concluida a proba.

O V Cross Ambiental e II Andaina Concello de Ordes ‘Memorial Estebo José’ están organizados polo Club de Atletismo Ordes e patrocinados polo Concello de Ordes, Tahití zumos naturais, La Caixa, Coca-Cola, María Fraga, Eurofrut, A Bolera hamburguesería, Deputación da Coruña.

14 de maio de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.