publicidade hoxe

Mañá remata o prazo para inscribirse no XIII Memorial Manuel Barros de Atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A Sociedade Atlética Val Miñor e mailo Concello de Gondomar, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Vigo) , organizan o día 26 de maio o XIII Memorial Manuel barros de Atletismo en ruta que dará comezo ás 10.00 horas.

O prazo de inscrición remata mañá martes día 21, ás 20.00 horas.

Na carreira absoluta (de Xuvenís ata Veteráns), a inscrición farase a través da páxina web  www.championchipnorte.com. O prezo da inscrición será de 5 euros.

Nas categorías menores realizarase a través do mail: savalminor@hotmail.com, da web: www.atletismovalmiñor.com, ou do fax número 986 360 305. As categorías menores non pagarán cota de inscrición.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, estean federadas ou non, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu país, salvo os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.

20 de maio de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.