Mañá remata o prazo de inscrición no concurso dos Maios
O martes 7 de maio remata o prazo de inscrición no tradicional concurso dos Maios, que se celebrará o mércores día 8 na praza de España ás 17:30 h.
As solicitudes para a inscrición, así como as coplas, deberán presentarse para a participación no concurso no Rexistro Xeral do Concello de Monforte ata o día 7 de maio antes das 14:00 h.
Poderán participar no concurso tódolos monfortinos/as que o desexen.
Os Maios sairán a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.
A continuación actuará o Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos.
O concurso non é competitivo.











