Máis de 700 persoas participan no Pazo do Bidueiro na Xuntanza de Maiores organizada polo Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+
Ágape dos maiores participantes

Ágape dos maiores participantes

Algo máis de 700 persoas de cada unha das 13 parroquias do municipio de Ordes participaron hoxe na popular Xuntanza de Maiores. O lugar escollido para tal celebración foi o Pazo do Bidueiro, onde se celebrou unha misa que estivo seguida dunha sesión de baile coa que os asistentes foron abrindo o opetito. Empanada, polvo, carne, bo viño, café…. Non faltou de nada nesta cita á que tamén acudiron todos os membros do equipo de goberno e a maioría da corporación municipal. Para os maiores de Ordes o seu alcalde, Manuel Regos, tivo unhas palabras de agradecemento “non só pola súa asistencia senón sobre todo polo esforzo e apoio que moitos prestan no ámbito familiar para axudar nestes tempos tan difíciles”. Tras o convite os arredores do gran comedor do pazo convertíronse novamente nunha gran pista de baile, onde todos se divertiron e disfrutaron a ritmo de pasodobres, cumbias, salsa, merengues e outros estilos musicais que axudaron a baixar o xantar.

26 de maio de 2013 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.