publicidade hoxe

Máis de 50 fotografías concorren ao III Certame Fotográfico “Cervo respecta”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+

O III Concurso fotográfico “Cervo respecta” segue incrementando a súa capacidade de convocatoria. Despois de que esta semana rematase o prazo para enviar as imaxes, o balance de participación é moi positivo, xa que aumentou o número de autores así como de fotografías presentadas.

En total foron 18 as persoas que responderon a esta terceira convocatoria fronte ás 13 que participaron na anterior edición. Ao mesmo tempo, tamén son máis as fotografías presentadas, un total de 52 mentres na segunda edición foran 37. Cabe ter en conta que cada fotógrafo podía concorrer con ata tres fotografías de temática centrada no medio ambiente e no contorno natural ben coidado e preservado.

En canto á procedencia, moitas chegaron de numerosos concellos da Mariña, aínda que tamén as hai doutras localidades galegas como Ames e A Guarda e de fóra de Galicia, como Oviedo. Agora, o concurso entrou na fase de valoración, polo que un xurado composto por persoas con experiencia en fotografía elixirán as mellores imaxes nas distintas categorías previstas.

O fallo do xurado farase público o día 3 de xuño e a entrega de premios realizarase o día 5 dese mesmo mes coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Ao mesmo tempo, tamén se exporán todos os traballos presentados que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria “para que el público pueda contemplar la belleza paisagística y natural de nuestra comunidad” asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

23 de maio de 2013 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.