publicidade hoxe

Máis de 400 escolares realizaron as Xornadas de Seguridade Vial no Concello de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Escolares na xornada de seguridade vial

Escolares na xornada de seguridade vial

Gran éxito das Xornadas de Seguridade Vial, onde máis de 400 realizaron os seus primeiros contactos coa Seguridade Vial, organizada polo Concello realizada na Praza do Concello de Salceda.

Esta primeria toma de contacto permitiu que os nenos do CEP Altamira e os nenos da Galiña Azul, Xoaniña e Manuss teñan o seu primeiro contacto coa concienciación e o coñecemento das normas de circulación, a través dunha sesión teórica onde se lles ensinou aos participantes o uso de cinturón, conductas na conducción, uso do casco, etc. impartida no Auditorio Municipale e unha sesión práctica dunha hora para realizar o circuito con cars de pedais na praza do Concello nun circuito de karting.

Dende a Concellaría de Seguridade, dirixida por Jose Luis González agradécese a colaboración prestada tanto polos Policías Municipais, que tiveron un papel moi importante no desenvolvemento da actividade, como aos empregados municipais pola disposición, colaboración e coordinación nestas dúas semanas. “Foron unhas Xornadas moi satisfactorias para os escolares, onde puideron realizar o seu primeiro contacto coas normas de circulación e o primeiro circuito simulador de interpretación das sinais. Ë unha primeira maneira de concenciar aos máis cativos sobre a importancia de coñecer as normas de circulación existentes”.

Teresa Pérez, Concelleira de Ensino, asegura que “é moi importante transmitir información e concienciación aos escolares, para que coñezan nas normas e as respeten, sobre todo á hora de previr accidentes, e que mellor manera que facelo a través de mecanismos de aprendizaxe
dinámicos, onde eles poidan ser os protagonistas”.

28 de maio de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.