300 corredores participan no V Cross Ambiental e II Andaina de Ordes “Memorial José Estebo”

Instante da carreira
Máis de 300 corredores de todas as idades déronse cita no V Cross Ambiental e II Andaina Concello de Ordes ‘Memorial José Estebo’, situando novamente a esta convocatoria como unha das máis concurridas e de maior aceptación do municipio. Dende as 16 horas os participantes concentráronse no Campo da Feira para iniciar dende alí o seu percorrido, o cal transcurría tanto polas inmediacións como por algunhas das rúas da vila ordense. Uns tramos que ían dende os 100 metros ata os 10 quilómetros según a categoría. Ao final da tarde o concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez, foi o encargado de entregar os trofeos, medallas e premios en metálico que acadaron os mellores atletas. Tamén houbo sorteo de agasallos sorpresa entre todos os inscritos.











