Máis de 200 persoas participan na 6ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín “Ruta da Fronteira”

Participantes na andaina
Máis de 200 persoas, dos municipios de Chaves e Verín, participaron na 6ª Andaina da Eurocidade, realizada onte domingo, pola Ruta da Fronteira entre Feces de Cima e o santuario de Santa Marta (Vila Frade).
Esta andaina popular, de 10 quilómetros e dificultade fácil, percorreu as localidades de Feces de Cima, Lamadarcos, Vila Frade, Feces de Abaixo ata chegar ao santuario de Santa Marta, onde se realizou un pequeno almorzo para todos/as os/as participantes. A andaina conxugou ambientes rurais, durante o percorrido polas pequenas localidades, con lugares de beleza paisaxística e en pleno contacto coa natureza. Esta tradicional andaina, que nas anteriores edicións efectuouse pola ‘Ruta polo Camiño Portugués Interior de Santiago – Vidago/Chaves’, ‘Ruta dos Ríos’ ou ‘Ruta do Contrabando da Cidadella’, estivo destinada a incentivar a práctica deportiva física e estreitar lazos de unión e convivencia entre flavienses e verinenses.
Devandita actividade foi organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, Município de Chaves e Concello de Verín, e contou co apoio da Associação Flaviense de Caminheiros e Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas de Verín. O almorzo correu a cargo da Fábrica da Igreja da Freguesia de Lamadarcos-Vila de Frade, cubrindo as necesidades dos/as participantes.