Máis de 200 cabalos participarán na III Xuntanza Cabalar que terá lugar na parroquia de Ardemil, en Ordes
A partir de mañá venrtes e durante dous días a parroquia ordense de Ardemil acollerá a súa Xuntanza Cabalar, que esta ano celebra a súa III edición. Organizada pola recentemente fundada Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil nesta ocasión o número de cabalos inscritos supera os 200, o que supón un incremento dalgo máis de medio cento con respecto ao ano pasado.
O primeiro día desta cita estará marcado pola actuación musical da orquesta Atenas, e tamén pola boa mesa, xa que a partir das 20 horas repartirase cochinillo á grella entre todos os participantes.
O día grande terá lugar o sábado cun cartel de actos e celebracións que arrancará ás 9 horas coa apertura do recinto feiral. Ás 10 horas iniciarase o curso de bestas cruzadas e ás 11 horas o de cabalos cruzados. Todos os inscritos disfrutarán dun gran xantar a partir das 13.30 horas, cuxo menú está composto por lacón asado acompañado de patacas estofadas, pan, refrescos, viños, café e postre. Novamente as competicións retomaranse ás 16 horas cun concurso de barriles, para dar paso unha hora máis tarde ás probas de trote libre e outra de andadura de trotóns a partir das 17.30 horas. Ademais haberá tamén agasallos sorpresa e instalarase unha carpa en caso de choiva. Outra das ventaxas é un xantar gratis para os 20 primeiros cabaleiros que se inscriban.