publicidade hoxe

Máis de 180 parellas teñen unha cita competitiva co baile en Santa Isabel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalSantiago de Compostela
A-
A+

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o II Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Santiago e o I Trofeo da Ascensión Campionato Galego de Standard e Latino, que se celebran esta fin de semana no pavillón de Santa Isabel. Está prevista a participación de máis de 180 parellas, a maioría galegas e portuguesas. Adrián Varela convidou os composteláns a participar nesta “festa do baile”, que aspira a consolidarse como unha cita anual con data fixa no marco das Festas da Ascensión. O prezo das entradas é de 6 euros por xornada, se ben se pode adquirir unha entrada para os dous días por 10 euros. Os menores de 12 anos pagarán 3 euros.

Beatriz Veiga e Manel López, presidenta e secretario, respectivamente do Sons Club de Baile, organizador das competicións, foron os encargados de explicar o desenvolvemento das mesmas. Así, o sábado 11 celebrarase o Campionato Galego de Baile Standard e Latino, mentres que o domingo 12 realizarase o Ranking Nacional e Open Internacional de Baile Deportivo. II Trofeo Cidade de Santiago. O horario das dúas xornadas será de 12:00 a 20:00 horas. Ademais, os máis pequenos, ata 8 anos, poderán participar nun Open Peques.

8 de maio de 2013 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.