publicidade hoxe

Máis de 170 persoas participarán domingo na III Marcha BTT “Coñecendo Neda en Bicicleta”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNeda
A-
A+

Neda acollerá este domingo, 2 de xuño, a III Marcha Ciclista BTT “Coñecendo Neda en Bicicleta”. Organizada polas asociacións de veciños de Ancos, de Anca, San Pelaio do Roxal e O Castro de Viladonelle, así como polas entidades S.C.D. Roxal, Asociación de Mulleres Val do Belelle, C.C.R. do Puntal e A.D.R. Vara e Pedal, a proba conta coa colaboración do Concello de Neda, Protección Civil, Policía Local e de diversos establecementos comerciais. Dende a organización se sinala que teñen confirmada a participación de máis de 170 persoas proceden-tes de toda a comarca e con idades comprendidas entre os 5 e os 70 anos.

O concelleiro de Deportes e Xuventude, Roberto Rey, explicou que os participantes partirán da pista polideportiva de Anca, ás 9,30 horas. Realizarán entón un itinerario de aproximadamente 20 quilómetros no que descubrirán os lugares con máis encanto da parroquia de Anca. Así mesmo, o remate da marcha está prevista para as 13 horas, no mesmo punto de partida.

Ao rematar o percorrido, sortearánse diferentes agasallos entre os participantes máis novos e faráse entrega ao de maior e menor idade dun recordo da cita, así mesmo ofreceráse un ape-ritivo para todos e todas de cara a recuperar forzas.

30 de maio de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.