publicidade hoxe

150 persoas do mundo empresarial, académico e político daranse cita no Congreso Internacional de Ecoinnovación en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A cidade de Ourense acollerá dende mañá, 14 de maio e o mércores 15 de maio un Congreso Internacional sobre eco-innovación, organizado polo Concello, que servirá como peche do proxecto europeo transnacional Eco_innova, (aprobado no marco do Programa Interreg IV B- Espazo Atlántico 2007-2013), no que participan seis institucións de catro rexións da Unión Europea.

Mañá, daranse cita máis de 150 persoas vencelladas ao mundo empresarial, académico e político do ámbito do medio ambiente e a innovación, así coma emprendedores e o público en xeral.

O proxecto está liderado polo Concello de Ourense, que actúa como xefe de filas, e conta tamén coa participación da Asociación para o Centro de Incubación de Base Tecnolóxica do Minho (Portugal), a Fundación Galicia Europa, a Asociación para o Desenvolvemento da Rexión do Alto Támega (ADRAT), de Portugal, a Universidade de Glamorgan (Gales) e a incubadora de empresas Bordeaux Productic (Francia).

O obxectivo principal é promover a eco-innovación, concepto que engloba todas aquelas actividades innovadoras destinadas a reducir o impacto ambiental e aumentar a protección ambiental. Neste contexto, eco-innovación é un novo producto, proceso, servizo, método ou sistema de xestión cuxo uso serva para reducir ou evitar danos ambientais.

Proxectos de éxito

Ao longo de día e medio (martes, 14 e mércores, 15 de maio), amosaranse aos asistentes diferentes proxectos eco-innovadores de éxito e proxectos pilotos levados a cabo no Espazo Atlántico; emprendedores con ideas eco-innovadoras poderán dalas a coñecer ante este foro baixo o formato de brain-spa e se exporán os resultados do proxecto. Por último, organizarase un espazo expositivo no que participarán distintas empresas do Espazo Atlántico.

Con esta iniciativa, o Concello pretende que o público que asista coñeza, de primeira man, que pasos se están a dar en Europa para apoiar a eco innovación, dando a coñecer, por unha banda, o Plan de Acción sobre Eco-innovación e, por outro,  as fontes de apoio e medios financieiros dispoñibles  para apoiar empresas eco-innovadoras.

13 de maio de 2013 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.