Máis de 150 nenos participarán este sábado no I Torneo de Karate Real Vila de Neda

Presentación do torneo
A localidade acollerá este sábado, 4 de maio, a primeira edición do Trofeo de Karate Real Vila de Neda, promovido polo Concello en colaboración co Club Renbukan. O alcalde, Ignacio Cabezón; o concelleiro de Deportes, Roberto Rey, e o entrenador da entidade deportiva, Moncho Vázquez, presentaron esta mañá a cita no salón de plenos da casa consistorial. Principiará ás 10 horas, no pavillón polideportivo de Neda, e a organización prevé a asistencia de máis de 150 deportistas de entre catro e 13 anos.
O acontecemento deportivo contará con participantes de clubes de dentro e fóra da comarca. Entre estes, o propio Renbu-kan Ferrol, a ESK de Narón, EK Franza, Shihan de Lugo, Grupo Bazán de Ferrol, Artes Marciales Fene, Santiago Apóstol e Club de Karate Ortigueira. A competición está orientada en exclusiva ás categorías de base, dende benxamín ata xuvenil –de 4 a 13 anos– na modalidade de kata e nas categorías infantil –de 10 a 11 anos– e xuvenil –de 12 a 13 anos– na modalidade de kumite.
Na modalidade de kumite organizaránse os emparellamentos en función dos pesos reais dos competidores que deberán vir reflexados nas inscripcións, de modo que todos eles disputen dous/tres combates sen excepción. Así mesmo, proclamaráse un único gañador por categoría e este será o competidor que máis puntos consiga sumar por combate. Segundo o adestrador do clube, o obxetivo é lograr que sexa un campionato no que os deportistas participen para gañar experiencia e poder probar sorte con compañeiros diferentes aos do entrenamento diario, restándolle importancia a gañar ou perder combates, senón participar para disfrutar.
Por último, o alcalde, Ignacio Cabezón, será o encargado de presidir a entrega de trofeos, sobre as 14,30 horas. Así, ao campión de cada categoría de kumite entregaráselle un karategi de competición de kumite e, na modalidade de kata, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.