publicidade hoxe

Máis de 100 corredores disputarán a XV Volta Ciclista da Ascensión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalSantiago de Compostela
A-
A+
Adrián Varela, Nemesio López, Ángel Currás, Guillermo Fernández e Luis Bello

Presentación da XV Volta Ciclista da Ascensión

A Volta Ciclista da Ascensión chega xa á súa edición número XV o sábado 11 de maio. Máis de 100 corredores participarán nunha proba que discorrerá polo entorno de Santiago e que terá saída e chegada na avenida de Juan Carlos I. A xornada tamén terá un tempo matinal dedicado aos máis pequenos, que poderán amosar a súa destreza coa bicicleta nun circuíto de habilidade. O alcalde compostelán, Ángel Currás, destacou na presentación da Volta Ciclista da Ascensión o “esforzo, calado e permanente” do Club Ciclista Compostelán, organizador da proba. Valorou tanto a súa dedicación na formación deportiva dos máis novos como pola súa permanencia nuns tempos de dificultades económicas. A este recoñecemento sumouse o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, que o estendeu ao patrocinador do club, Muebles Compostela.

Foi precisamente o presidente do Club Ciclista Compostelán, Nemesio López, o encargado de anunciar a participación de máis de 100 corredores na proba, pertencentes a 12 equipos: dous de Asturias, dous de Castela e León, dous de Portugal e seis de Galicia. Todos eles sairán da avenida de Juan Carlos I ás 16:00 horas para realizar un percorrido de 121 quilómetros. A meta estará na mesma avenida, estando prevista a chegada en torno ás 19:30 horas. Os corredores atoparán tres portos de montaña e cinco metas voantes.

Respecto ao percorrido, Guillermo Fernández, do C.C. Compostelán, indicou que se trata dun “circuíto duro, acordo á categoría dos ciclistas”. Destacou tamén a súa “vistosidade”, xa que a súa proximidade e características permitirá aos afeccionados presenciar a proba en distintos puntos e momentos da carreira.

Proba de habilidade para os máis novos

A xornada de ciclismo terá un tempo pola mañá dedicado aos rapaces e rapazas de 5 a 16 anos, para os que se preparou un circuíto de habilidade, de 1,7 quilómetros, no paseo central da Alameda. Ás 10:30 horas comezarán a competir os alevíns e seguiranlles os infantís e cadetes. Darán, respectivamente 2, 8 e 15 voltas ao circuíto.

7 de maio de 2013 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.