Maio, mes da lingua, no Casino Mercantil
A programación de Maio, mes da lingua, para hoxe e mañá é:
Domingo 19 de maio
• Teatro: O vendedor de paxaros, Compañía de Teatro de Miro Magariños. Na sala de exposicións do Casino Mercantil (praza de Curros Enríquez). Ás 20.00h. Entrada gratuita e acceso libre. Organizan o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e Miro Magariños.
• Peche da exposición Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!. Na sala de exposicións do Casino Mercantil (praza de Curros Enríquez). Organizan o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e a Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Luns, 20 de maio
• Conferencia sobre Vidal Bolaño, no CEIP Campolongo. Ás 11.00h. Organizan a Concellería de NL-Concello de Pontevedra e CEIP Campolongo. Colabora Editorial Galaxia.
• Inauguración da exposición Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!, no CEIP Vilaverde (Mourente). Ata o 31 de maio. Organizan o CEIP Vilaverde (Mourente) e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
• Inauguración da exposición O galego tamén noutros mundos, no IES Sánchez Cantón. Ata o 30 de maio. Organizan IES Sánchez Cantón e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.











