publicidade hoxe

Lusco e Fusco representará “Encontros” o 10 de maio en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroCalendarioLocal
A-
A+

O venres 10 De Maio, ás 20:00 h. Lusco e Fusco representará “Encontros” na Casa da cultura “Ramón Martínez Lopez”. Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica que xurde do encontro de dúas persoas, tócanse, úlense, séntense, e comezan o seu camiñar, xuntos.

As habilidades físicas e interpretativas dos actores serán o lenzo no cal as emocións debuxan a historia, sinxela, onde as personaxes viaxarán pola sinuosa liña das relacións humanas; amosando tódalas cores que hai dentro de cada un de nós, expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema.

Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares estarán ó servizo da narración teatral. Serán as ferramentas que usarán os artistas para acompañar ó espectador neste percorrido polo acto da comunicación entre dúas persoas.

EXPOSICIÓNS CASA DA CULTURA “RAMÓN MARTINEZ LÓPEZ”

Exposición fotográfica “Vivindo na comunidade“. Sobre o dereito a vivir de maneira independente e a ser incluido na comunidade.

Co motivo do Concurso de Fotografía “Vivindo na comunidade 2012”, organizado dende a Asociación AMBAR, consideramos de gran interese para a sociedade a difusión e mostra das fotografías seleccionadas e premiadas en dito concurso.

Esta mostra, de carácter itinerante, axudará a fortalecer a percepción de cómo as persoas con diversidade funcional viven e cómo están participando dentro das súas comunidades, nos seus barrios, pobos, aldeas, e nos mesmos contextos que os demáis cidadáns.

As imaxes amosan a maneira na que viven as persoas con diversidade funcional, xunto coas súas familias, amigos, parellas, fillos, veciños, etc., polo que a través da mostra comprenderemos mellor os retos e os éxitos que atopan estas persoas ao longo do territorio español.

“Un mar de mulleres” é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, ámbito do GAC7.

Este proxecto quere dar a coñecer os diversos oficios que elas realizan a pé de mar, dende as cubertas das embarcacións e as rochas percebeiras, ata a unión nas asociación e os despachos dirixentes, dalgunha maneira, visualizar que cada día avanza nas costas un mar de mulleres que impulsa a pervivencia e continuidade do sector produtivo mariño .

O xoves,día 16 de maio ás 19:00 inauguraranse estas exposicións.

O día 16 proxectarase un documental de enquisas ás mulleres, no que elas mesmas contan o seu sentir como mulleres e traballadoras co fondo musical da cantante e compositora UXía Senlle.

9 de maio de 2013 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.