publicidade hoxe

Luisa Cid reúnese cos pracervos de San Agustín para seguir avanzando no proxecto de reforma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Tenente de Alcalde de Emprego e Empresa, e responsable de Mercados, Luisa Cid, reuniuse esta tarde cos pracervos de San Agustín para seguir avanzando sobre o proxecto de reforma do mercado no que está a traballar o equipo de goberno.

Durante a reunión, que tivo lugar na Fundación Luis Seoane, Luisa Cid deixou clara a aposta firme do Concello por renovar esta emblemática praza de abastos e convertela nun mercado moderno do século XXI. Cid adiantou aos pracervos a intención de integrar postos de hostalaría e degustación, acorde ás transformacións que están a experimentar os mercados das principais cidades españolas como Madrid e Barcelona. A Tenente de Alcade tamén aproveitou o encontro para reiterar ante os pracervos que no proxecto de reforma se incluíron as demandas realizadas.

A Tenente de Alcalde de Emprego e Empresa tamén comunicou aos pracervos que dentro dos plans da área que dirixe está a de invitalos a unha visita aos principais mercados de Madrid que se someteron a unha profunda transformación. Cid considera que é necesario que os interesados vexan en primeira persoa cal foi o resultado deses cambios.

27 de maio de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.