publicidade hoxe

Luisa Cid acode á presentación dunha nova aplicación para o móbil no viveiro de empresa da Grela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Presentación da aplicación

Presentación da aplicación

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, acudiu hoxe á presentación da nova plataforma web para clubs deportivo que desenvolveu Sigue a túa liga, unha das empresas situadas no viveiro do Iglesario da Grela dende o ano 2011. Durante o transcurso da presentación realizouse unha demostración dunha nova aplicación para móbiles que permite seguir as ligas deportivas afeccionado. Luisa Cid estivo acompañada por Diego López Fernández e Borja Fernández Díaz de Sigue a túa liga, e de Iago Iglesias, ex xogador do Deportivo da Coruña.

O funcionamento desta plataforma, que conta con 34.000 seguidores, baséase na autoxestión, xa que son os propios usuarios que crean e administran todo o contido, mediante un sistema de votación baseado no rango de cada usuario. A propia comunidade, a plataforma e o mecanismo que a fai funcionar permiten unha publicación fiable e moi rápida de toda a información, o que leva consigo unha fidelización total do usuario.

Durante o transcurso da presentación, Luisa Cid recordou que son 11 empresas as que se encontran no viveiro da Grela, e que actualmente está aberto o proceso de selección para que se poidan incorporar outras novas. Ademais, Cid subliñou todo o traballo que se leva a cabo dende o departamento de Empresa, no que, no que vai de ano, se prestou asesoramento a 400 persoas e se formou a preto de 200 emprendedores. Sinalou tamén o labor en pro do emprendimiento que se realiza con alumnos de Primaria a través do programa Semente e cos de Formación Profesional e ensinanzas especiais a través de Inicia. Por último, o tenente de alcalde de Emprego e Empresa invitou a todo o mundo a asistir ao mercado de Semente que se celebra o próximo 25 de maio no Obelisco e onde todos os alumnos que participaron no proxecto venderán os seus produtos.

15 de maio de 2013 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.