publicidade hoxe

Luisa Cid acode á presentación dunha nova aplicación móbil que permite a firma de documentos dende calquera lugar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, acudiu hoxe á presentación de Signedoc, unha aplicación desenvolvida por Enxendra, unha das empresas situadas no viveiro municipal de da Grela, e que permite a firma e envío de documentos dende dispositivos móbiles, en calquera momento e en calquera lugar, competindo desta forma con grandes compañías de ámbito internacional e aforrando tempo e diñeiro.

Signedoc é unha aplicación móbil e unha plataforma web que trata de facilitar os trámites de xestión de documentos para todo tipo de usuarios e organizacións. Ao asinar sobre un dispositivo móbil, Signedoc almacena os trazos biométricos (como velocidade, aceleración e presión) que garanten a identidade do asinante.

Ademais de felicitar a Enxendra por esta nova aplicación, o tenente de alcalde quixo aproveitar que hoxe se celebraba o Día do Emprendedor para recordar “o cambio cultural” que se está a producir, no que o emprendimiento tamén é unha “saída”, ademais de “proporcionar un benestar social”.

O socio director de Enxendra, Brais Méndez, asegurou estar convencido de que Signedoc será a “solución” coa que as empresas asinen os seus documentos. Esta aplicación é o resultado dos coñecementos en certificados electrónicos e desenvolvemento web de Enxendra xunto coa experiencia en desenvolvemento móbil e firma biométrica de Mobbeel, empresa coa que colaboraron.

28 de maio de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.