Lousame celebra o Día Internacional da Hipertensión Arterial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLousame
A-
A+
Asistentes ao taller de formación sobre a enfermidade

Asistentes ao taller de formación sobre a enfermidade

Durante os meses de abril e maio con motivo do Día mundial da Saúde e do Día internacional da hipertensión arterial o Concello de Lousame, dentro do Programa de dinamización de Persoas maiores subvencionado pola Deputación da Coruña,  veu organizando varias sesións dirixidas a informar ás persoas maiores sobre o que é a  hipertensión arterial e como se pode previr e tratar.

As persoas participantes recibiron por parte da monitora dos talleres formación básica sobre esta enfermidade, e puxeron en práctica xunto ao técnico de deportes municipal diversos exercicios que contribúen a reducir a hiperternsión arterial a medio e longo prazo.

Esta actividade tivo unha boa acollida entre os vecinos e veciñas de Lousame  que tomaron conciencia da importancia da prevención nesta enfermidade porque é silenciosa, xa que non ten síntomas, e pode ser grave se non se trata.

14 de maio de 2013 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.