“Los ladrones somos gente honrada” en Nigrán
O Salón de Actos municipal albergará mañá sábado ás 20.00 horas a obra de teatro cómico “Los ladrones somos gente honrada”, a cargo do grupo Camiteatro, do Centro Cultural de Camos. Esta peza, adaptación da obra de Jardiel Poncela Melocotón en Almívar, desenvólvese nunha comunidade de veciños (un bloque de edificios), na que se produce un roubo. Os ladróns, ao non querer ser descuberto empezan a enredar un por un aos veciños da comunidade, xerando situacións insólitas pero sempre, moi divertidas.
A obra foi adaptada polo propio grupo, que na actualidade conta cunha ducia de actores.
O acceso á representación é gratuíto.