“Los Árboles” presentan o seu segundo disco no Centro do Viño de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+
"Los Árboles"

“Los Árboles”

O grupo musical “LosArboles” realizará a presentación oficial do seu segundo disco,  no  Centro do Viño da Ribeira Sacra o venres día 31 de Maio ás 19:00 h.

Este é un evento dirixido de maneira especial ós medios de comunicación, aínda que aberto tamén ó público en xeral.

O evento constará dunha presentación do disco, incluíndo un pequeno concerto, para os medios de comunicación. Posteriormente, LosArboles ofrecerán outra sesión en directo orientada ó público en xeral.

Ribeira Sacra é terra de viño, terra de cultura. No Centro do Viño fusiónanse as dúas cousas, motivo polo que anuncian o lanzamento oficial do segundo traballo do grupo LosArboles.

“Los días que quedan son nuestros”, é o título do novo e segundo disco deste grupo con orixe na Ribeira Sacra. Ás súas costas, un primeiro disco e multitude de concertos en locais e festivais, teloneando a grupos da talla de Coque Malla e Love of Lesbian.

Caldos e música reúnense este venres no Centro do Viño nun maridaxe excepcional.

 

30 de maio de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.