publicidade hoxe

Lores visita as obras de mellora nas beirarrúas en Eduardo Pondal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visita esta tarde xunto coa directiva da Asociación e veciños da zona as obras rematadas de mellora nas beirarrúas de Eduardo Pondal, iniciadas no mes de abril.

Os traballos de reparación, cun custo que ascende ós 50.000€, resolveron problemas de desniveis e desperfectos nos marxes da rúa que chegaron a ocasionar caídas aos peatóns que as transitaban.

Paralelamente, foron reparadas instalacións de tuberías fecais en mal estado e disminuido o risco da pendente da rúa do Muíño (na baixada cara ó Gorgullón).

A obra, incluida no contrato de conservación de espazos urbanos, mellora as condicións da zona e precede a outras de futura actuación, tales como a rúa Alameda, Martitegui, Castelao, ou o Paseo Colón.

30 de maio de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.