Lores non percibe risco de que a Brilat deixe Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores declarou que non alberga dúbida algunha sobre a permanencia da Brilat en Pontevedra, tal como anunciou hoxe á requerimento dos xornalistas que cobren a información municipal.
“Resulta moi positivo que negocien, e o actual momento é normal en calquera negociación que parte de presupostos maximalistas, pero estou seguro de que as partes chegarán a un acordo razoábel, xa que é normal que os veciños reciban unha compensación polo uso das súas propiedades”.
Lores afirmou que o establecemento militar é moi importante para a cidade en termos económicos do que di que é “unha gran empresa da comarca”, e que non ve perigo algún de que abandonen a capital. Asimesmo, manifestou o seu agradecemento pola implicación dos funcionarios públicos do Exército nos eventos nos que acertadamente colaboran.