López Orozco e Carmen Basadre visitaron aos alumnos do curso de pastelería do programa +XTI Formación

Visita ao obradoiro
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron esta tarde aos alumnos que están realizando o curso de pastelería organizado dentro do programa Formación +XTI.
Estas actividades pretenden favorecer a ocupación e incorporación laboral dos mozos e mozas de entre 16 e 30 anos a través de formacións demandadas e que conten un interese e atractivo para a mocidade. Esta actividade que conta cun total de 170 horas, 80 teóricas e 90 prácticas que se realizan nas instalacións do IES Sanxillao.
O Concello de Lugo decidiu repetir nunha segunda edición con estes cursos xa que na primeira edición varios dos alumnos lograron un posto de traballo nos lugares onde fixeron as prácticas.