publicidade hoxe

Letras Galegas en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralLocal
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral presentou o seu programa de Letras Galegas, que esta ano están dedicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

O 15 de maio abriu ao público a exposición fotográfica Doce e Salgada, de Fran Nieto, e incluída nas actividades do 3º Congreso Natureza e Imaxe, que organizan o CEIDA e o Consorcio das Mariñas. A mostra permañecerá na sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira.

A sala de audiovisuais da Casa da Cultura acollerá a versión en galego da película Celda 211, protagonizada por Luis Tosar, o xoves 16 de maio, ás 20:30 h. O venres 24 de maio haberá dúas actividades. A primeira terá lugar ás 11:00 h na Casa da Cultura, coa entrega de premios das pezas audiovisuais presentadas ao concurso das Letras Galegas; e pola tarde, ás 17:00 h, na biblioteca municipal, realizarase un obradoiro denominado Instantáneas de plastilina, a cargo de María Nöel.

A asociación cultural “Aires de Carral” organiza en colaboración co Concello de Carral, unha nova edición do Festival Coral de Primavera no edificio Toñito Espiñeira, o sábado 25 de maio, ás 20:00 h. Participarán as corais polifónicas de Mera, Caldas de Reis e Aires de Carral.

O mes das Letras Galegas rematará o 31 de maio cunha sesión de contacontos a cargo da Compañía do Trinke Trinke na Casa da Cultura, ás 18:00 h; e co acto central do Certame de Poesía Concello de Carral no que se entregará o premio a Dores Tembrás, gañadora deste ano, e a presentación do libro Teatro, de Roi Vidal, premiado na edición do pasado ano. Dáse a coincidencia de que Roi Vidal é fillo do autor ao que se lle está dedicando o Día das Letras Galegas. Este acto terá lugar ás 20:00 h na Casa da Cultura.

Para a realización deste programa, a Concellería de Cultura conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, do Consorcio das Mariñas, do CEIDA e da Asociación Cultural Aires de Carral.

16 de maio de 2013 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.